A oferta é para formar unha lista de substitución de auxiliar administrativo na Fundación Rof Codina, está orientado a alumnado de ciclos de formación profesional das familias de administración e xestión, comercio e tamén ao ciclo de GASA. É unha convocatoria pública, sendo o método de selección o de valoración de méritos e entrevista persoal.
A data de presentación de solicitudes é do 12 ao 26 de xuño, teñen que facerse por vía telemática en: https://rofcodina.org/contratacion/15363/.
Funcións a realizar:
- Realizar, baixo a dependencia directa do/a responsable de Administración, as seguintes funcións propias:
- Atención aos/ás clientes do HVU-RC.
- Atención telefónica.
- Tarefas administrativas de xestión de clientes: manexo da historia clínica, manexo axenda clínica, arquivo, facturación, calquera outra propia desta área.
- Tarefas administrativas propias da Administración da Fundación Rof Codina: tramitación de solicitudes e expedientes, xestión de arquivo documental, xestión de compras, calquera outra propia desta área.
- Outras tarefas administrativas que, dentro do ámbito das súas aptitudes profesionais, atribuíbles á súa categoría e de acordo coa normativa de aplicación, lle sexan indicadas polo seu superior.