Axenda

Fin do prazo de matrícula extraordinaria

Mércores, 30 de Setembro de 2026
Secretaría
Prazo
2026-2027

O mércores 30 de setembro de 2026 remata o prazo de matrícula extraordinaria para o curso 2026/2027. Este período está dirixido ás persoas que obtiveron praza na adxudicación extraordinaria de vacantes e a quen, estando en lista de espera, recibiu chamamento do centro por quedaren prazas libres nalgún ciclo.

A matrícula formalízase presencialmente na secretaría do centro, en horario de atención ao público, ou a través da secretaría virtual da Consellería nos casos en que estea habilitada. Recomendamos non esperar ao último día: unha vez pechado o prazo, as prazas non cubertas pasan a ofertarse noutras quendas e non se admiten matrículas fóra de prazo.

Documentación necesaria

  • DNI ou NIE en vigor.
  • Certificación académica ou título que dá acceso ao ciclo.
  • Resgardo da adxudicación de praza ou do chamamento da lista de espera.
  • Impreso de matrícula cuberto e asinado.
  • Xustificante de pagamento do seguro escolar, se procede.

Os impresos e a información detallada do proceso están na sección Trámites e documentación. Para consultar as prazas vacantes e o calendario oficial de admisión podes visitar o portal de FP da Consellería de Educación ou chamar á secretaría do centro no 982 82 80 01.