Lucus Frío e Clima é unha empresa lucense especializada na instalación e no mantemento de sistemas de climatización, refrixeración comercial e frío industrial. Desde 1998 traballamos para supermercados, industria agroalimentaria, hostalaría e edificios públicos de toda a provincia de Lugo, cun equipo de 34 persoas e servizo de asistencia 24 horas.
Colaboramos co CIFP As Mercedes acollendo alumnado en formación en empresa e FP Dual das familias de Instalación e Mantemento e Enerxía e Auga, e publicamos as nosas vacantes na bolsa de emprego do centro.
