Técnico/a de mantemento de instalacións de climatización e frío industrial

Lucus Frío e Clima, S.L.
Lugo (Polígono Industrial O Ceao)

Lucus Frío e Clima, S.L. precisa incorporar un/unha técnico/a de mantemento para o seu servizo de asistencia técnica en Lugo. A persoa seleccionada integrarase nun equipo de seis técnicos e encargarase do mantemento preventivo e correctivo de instalacións de climatización, refrixeración comercial e frío industrial en clientes de toda a provincia.

Funcións

  • Mantemento preventivo e correctivo de equipos de climatización (splits, VRV, enfriadoras) e cámaras frigoríficas.
  • Diagnose de avarías, reparación e substitución de compoñentes frigoríficos e eléctricos.
  • Posta en marcha de novas instalacións e probas de estanquidade.
  • Cumprimentación dos partes de traballo e do rexistro de gases fluorados na aplicación de xestión da empresa.
  • Atención ao cliente e asesoramento técnico a pé de instalación.

Requisitos

  • Ciclo medio de Instalacións Frigoríficas e de Climatización ou ciclo superior de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos.
  • Carné de manipulación de gases fluorados (ou compromiso de obtelo nos primeiros seis meses).
  • Carné de conducir B.
  • Valorarase experiencia mínima dun ano en mantemento de instalacións e coñecementos de electricidade industrial.
  • Dispoñibilidade para gardas de fin de semana (unha cada seis semanas).

Ofrecemos

  • Contrato indefinido a xornada completa, con período de proba de tres meses.
  • Retribución entre 22.000 € e 26.000 € brutos anuais segundo experiencia, máis complementos por gardas.
  • Vehículo e teléfono de empresa, ferramenta e roupa de traballo.
  • Formación continua en novas tecnoloxías de refrixeración e aerotermia.

As persoas interesadas poden enviar o seu currículo a seleccion@lucusfrioeclima.gal indicando no asunto «Técnico/a de mantemento – Bolsa CIFP As Mercedes», ou chamar ao 982 284 510 en horario de oficina.

Observacións

Retribución bruta anual entre 22.000 € e 26.000 € segundo experiencia, máis complemento por gardas de fin de semana (unha cada seis semanas). Vehículo e teléfono de empresa para os desprazamentos. Valorarase o carné de manipulación de gases fluorados e o certificado de instalador/a RITE.

Interésache?

Contacta directamente coa empresa para presentar a túa candidatura a esta oferta.

Datos da oferta

Lugo (Polígono Industrial O Ceao)
Enerxía e Auga, Instalación e Mantemento
Contrato: Indefinido
Xornada completa
seleccion@lucusfrioeclima.gal

A empresa

Lucus Frío e Clima, S.L.

Publicación

Publicada: 28 de Agosto de 2026
Válida ata: 31 de Outubro de 2026

Outras ofertas de emprego

Técnico/a de mantemento de instalacións de climatización e frío industrial
Lucus Frío e Clima, S.L.
Lugo (Polígono Industrial O Ceao)
Xornada completa
Enerxía e Auga, Instalación e Mantemento
CM Instalacións Frigoríficas e de Climatización ou CS Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
Contrato: Indefinido
Publicada hai 3 meses
Introducción y gestión de datos en una plataforma informática
equaltecnia
Lugo
Xornada parcial
Comercio e Marketing
Publicada hai 5 meses
Soldadores/as TIG
Soldadores/as TIG
Outeiro de Rei
Xornada completa
Enerxía e Auga, Instalación e Mantemento
Publicada hai 5 meses

Es unha empresa?

Publica a túa oferta e chega a persoal cualificado en FP, ou colabora acollendo alumnado en prácticas.