Automoción

Fórmate na diagnose e o mantemento avanzado de vehículos coas tecnoloxías máis actuais.
Grao
Grao Superior
Duración
2000 h
Prazas
22
Modalidade
Presencial

Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector de automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.

Ámbito profesional: No sector de construción e mantemento de vehículos (automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, industrias extractivas, construción e obras públicas), compañías de seguros, fabricantes de vehículos e compoñentes, e inspección técnica de vehículos.

Saídas profesionais

  • Xefe/a da área de electromecánica ou de carrozaría
  • recepcionista de vehículos
  • xefe/a de taller
  • encargado/a de ITV
  • perito/a taxador/ora de vehículos
  • xefe/a de servizo
  • encargado/a da área de recambios

Módulos

Primeiro curso

  • MP0294 · Elementos amovibles e fixos non estruturais · 213 h
  • MP0299 · Formación e orientación laboral · 107 h
  • MP0293 · Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares · 267 h
  • MP0291 · Sistemas eléctricos e de seguridade e confortabilidade · 240 h
  • MP0297 · Xestión e loxística do mantemento de vehículos · 133 h

Segundo curso

  • MP0300 · Empresa e iniciativa emprendedora · 53 h
  • MP0296 · Estruturas do vehículo · 123 h
  • MP0301 · Formación en centros de traballo · 384 h
  • MP0298 · Proxecto en automoción · 26 h
  • MP0292 · Sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe · 209 h
  • MP0309 · Técnicas de comunicación e vendas · 53 h
  • MP0295 · Tratamento e recubrimento de superficies · 192 h

Queres matricularte?

Consulta os prazos de admisión e a documentación necesaria para o vindeiro curso.

Nun vistazo

  • Grao Superior · Título oficial LOE
  • Duración: 2.000 horas · 2 cursos
  • Familia: Transporte e Mantemento de Vehículos
  • Modalidade: Presencial
  • Prazas: 22

Departamento

Este ciclo impártese no seu departamento. (Enlace pendente de cablear coa relación ciclo↔departamento.)

Descargas