Publicada a Resolución do 23 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, así como as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial e as ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2025-2026.
Está aberto o prazo para solicitar a participación do alumnado na proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio ata o 16 de marzo.
A proba realizarase durante o mes de abril na data e na hora que a Dirección Xeral de Formación Profesional lle asigne ao centro.
Máis información:
- Resolución do 23 de febreiro de 2026
- Realización dunha proba de exemplo do nivel intermedio
- Recurso educativo aberto sobre os contidos da área de dominio 4
- Marco Galego de Competencias Dixitais (MGCD)

