Ciclos FP e Cursos de Especialización STEP

Ciclos e cursos de especialización do programa STEP no curso 2025-2026, cofinanciados polo FSE+ Galicia, para reforzar as capacidades en tecnoloxías dixitais, limpas e biotecnoloxías.

Durante o curso 2025-2026 desenvolveranse diferentes ciclos de Formación Profesional e cursos de especialización vinculados ao programa STEP, nunha actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE+ Galicia 2021-2027.

O obxectivo principal desta actuación é contribuír a reducir entre a poboación galega a escaseza de man de obra e de capacidades profesionais relacionadas cos sectores estratéxicos STEP, especialmente nas tecnoloxías dixitais, as tecnoloxías limpas e as biotecnoloxías.

A actuación abrangue as seguintes formacións:

  • 1.º de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
  • 2.º de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
  • Curso de especialización en Aeronaves Pilotadas de Forma Remota (drons).
  • Curso de especialización en Fabricación Intelixente.

Estas ensinanzas forman parte das iniciativas destinadas a mellorar a cualificación profesional e adaptar a formación ás necesidades dos sectores tecnolóxicos e produtivos considerados estratéxicos pola Unión Europea.

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo FSE+ Galicia 2021-2027.

Datos da nova

Publicada: 13 de Xullo de 2026
Novas do centro
Autor: Anxo Sánchez

Comparte