Durante o curso 2025-2026 desenvolveranse diferentes ciclos de Formación Profesional e cursos de especialización vinculados ao programa STEP, nunha actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE+ Galicia 2021-2027.
O obxectivo principal desta actuación é contribuír a reducir entre a poboación galega a escaseza de man de obra e de capacidades profesionais relacionadas cos sectores estratéxicos STEP, especialmente nas tecnoloxías dixitais, as tecnoloxías limpas e as biotecnoloxías.
A actuación abrangue as seguintes formacións:
- 1.º de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
- 2.º de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
- Curso de especialización en Aeronaves Pilotadas de Forma Remota (drons).
- Curso de especialización en Fabricación Intelixente.
Estas ensinanzas forman parte das iniciativas destinadas a mellorar a cualificación profesional e adaptar a formación ás necesidades dos sectores tecnolóxicos e produtivos considerados estratéxicos pola Unión Europea.
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo FSE+ Galicia 2021-2027.

